Durante a Semana da Muller, cada aula mergullouse nunha investigación fascinante sobre as Mulleres no circo ao longo da historia. Este proxecto enmárcase dentro do PDI do curso, que busca explorar diversos aspectos do Circo.
O noso obxectivo foi dar visibilidade ao papel fundamental que as mulleres desempeñaron no mundo do circo. Descubrimos historias inspiradoras de valentía, talento e innovación, que merecen ser contadas e recoñecidas.
Algunhas das mulleres extraordinarias que investigamos, cada unha unha pioneira no seu campo:
-Madame Saqui: a raiña da
corda frouxa.
-Mabel Stark: a dama dos
tigres.
-Rosa Matilda Richter, «Zazel»: a
primeira muller bala.
-May Wirth: a raiña da acrobacia
ecuestre.
-Pinito del Oro, Miss Mara,
Paulina
Schumann...







No hay comentarios:
Publicar un comentario