O XXVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,
desenvolverase no Pazo da Cultura do 6 ao 22 de marzo do 2026.
A
música, igual cas historias que habitan os libros, tivo desde o inicio dos
tempos a finalidade de narrar o mundo, transmitir emocións e crear comunidade.
Por iso, este ano o lema é Que
non pare a música!
Os
distintos espazos do Pazo da Cultura transformaranse en melodías, onde notas e
palabras tecerán cada día unha chea de aventuras. Haberá, coma cada ano,
sesións de contos, cine, teatro, maxia, circo, obradoiros creativos,
videoxogos, exposicións de ilustración, poesía, cociña, camiñadas pola cidade…
A música será o fío condutor dun programa no que poderemos gozar de concertos
de todo tipo: rock, música clásica e tradicional. Haberá cantigas e arrolos
para o público máis pequeno; verbenas, festivais e foliadas para toda a
familia; regueifas literarias; obradoiros de canto, baile e construción de
instrumentos…
Un
programa de preto de 300 actividades escolares e familiares para bebés,
rapazada, mocidade e tamén para o público adulto. Celebramos, nas datas do
Salón, o inicio da primavera, o Día da Narración Oral, o Día Mundial da Poesía,
o Día das Árbores e o Día da Síndrome de Down.
PROGRAMA
Máis
información en
https://www.salondolibro.gal/