Este venres 15 de novembro, na véspera do Día Internacional do Patrimonio, as clases de 5º de Edº Infantil asistiremos ao acto de entrega de premios do 7º Certame “As imaxes do patrimonio” Inmaterial Galego-Portugués, convocado pola Asociación cultural e pedagóxica Ponte...nas ondas!, nunha gala musical, no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo.
O noso centro participou neste certame con varias imaxes que foron aportadas polas familias e que recollen historias como: un cantar de Reis, unha noiva no seu día de voda, unha familia de ebanistas e costureiras, un avó facendo unha meda de millo, un grupo de veciños posando nunha carretera, unha familia desfrutando do domingo no pobo, tocando a pandeireta na banda municipal de Avión e unha foto para o carnet de familia numerosa.
Na categoría de Ensino
Primario, recibimos un accésit coa imaxe “A vendima”, de Roi Priego.
Queremos agradecer a todas as familias da nosa comunidade educativa a súa colaboración e o seu esforzo por buscar e seleccionar entre os seus álbums familiares aquelas fotografías que conteñen elementos do noso patrimonio. Unha fermosa maneira de coñecer e preservar a riqueza do noso patrimonio, sendo portadores de historias, coñecementos e tradicións e así transmitirllo ás novas xeracións. Parabéns!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario