Iniciamos o PDI deste curso “Feira artesanal no Seis do Nadal” coa primeira colaboración das familias do centro.
Neste ocasión visitounos, o redeiro “Cucho” que viu
acompañado do seu fillo Santi, avó e pai de Roi, alumno de Edº Infantil.
Explicáronnos como traballan
os redeiros e trouxeron os diferentes instrumentos que empregan no seu día a
día, as agullas, os fíos, plomos, nasas, tipos de redes...
Todos e todas estivemos moi
atentos/as observando como "Cucho" cosía unha rede.
Moitas grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario