2 jun 2024

VISITA DE ALEXANDRE PLAZA POUTÁS

A cultura castrexa foi a protagonista deste mes na xuntanza do Club de Lectura “Ás seis no Seis”.

O luns 27 de maio, compartimos un encontro literario co escritor Alexandre Plaza Poutás e conversas sobre o seu primeiro libro “A viaxe do castrexo”.

A viaxe do castrexo é unha novela histórica que se desenvolve no ano 137 a. C. no marco xeográfico comprendido entre o poboado castrexo do monte do Castro de Vigo e a actual cidade de Braga, en Portugal. 

A redacción da historia pasou por varias fases xa que lle levou tres anos escribilo. Este feito percíbese na súa estructura e na evolución do protagonista ao longo da novela.

Alex contounos que empezou a escribilo con 22 anos, sendo un mozo que ía a ver os restos do Castro de Vigo.

Explicounos que elexiu esta temática porque a cultura castrexa está moi pouco novela pero, sobre todo, porque lle apaixona. Para a súa redacción documentouse lendo diferentes artigos e publicacións.

Quería transmitir aos lectores e lectoras as sensacións que experimentou mentras o escribía e, como el dicía, en moitos momentos non era el, senón os seus personaxes os que literalmente escribían.

Falamos dos temas que trata: relación amorosa entre Occe e Kara, o papel da muller no mundo castrexo, a relación paterno-filial...

Coma sempre, rematamos coa sinatura dos libros e degustando doces caseiros.

Agardamos que coas ideas e suxestións que xurdiron nesta xuntanza lle sirvan para escribir un segundo libro, continuación deste. Moitas grazas Alex por compartir con nós esta tarde!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario