Con motivo das Letras Galegas o alumnado de 4º e 5º de primaria participaron nun taller de robótica inspirado na paixón pola música da homenaxeada nas Letras Galegas de este ano: Luísa Villalta.
Tras ler unha versión resumida do conto "Tinta do Mar" que recolle a biografía de Luísa Villalta, o alumnado comezou a programar un violín con axuda de Scratch; para posteriormente empregar unha placa Makey Makey “para darlle vida” á maqueta do violino de Luísa.
Unha vez construído chegou o momento de tocar as partituras creadas polo alumnado de 5º na área de música, partituras inspiradas no poema Antiquísima de Luísa Villalta. A continuación podedes desfrutar da fermosa melodía creada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario