Os nenos e nenas de 1ºA traballaron de forma activa o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño.
Este ano, o lema desta data é “As nosas terras. O noso futuro.
Somos a #XeraciónRestauración”. Con este lema, búscase crear conciencia sobre
a importancia de restaurar as terras degradadas, deter a desertificación e
fortalecer a resiliencia á sequía.
Para celebrar esta data, a cativada de 1º A coñeceron a tres
incribles activistas mediambientais: Jane Goodall, Wangari Maathai e Greta
Thunberg e tamén realizaron diversas actividades para promover a acción e
conciencia ambiental.
Gravaron o programa de radio, xunto ao alumnado de 5º Edº Infantil
A, que pronto poderedes escoitar.
Reconvertendo paisaxes secas
Utilizando fotografías de diferentes paisaxes devastadas polas sequías,
deron vida a un mundo cheo de esperanza e cor, demostrando a súa capacidade
para imaxinar un futuro máis verde.
Pancartas polo medio ambiente
Con gran entusiasmo, os pequenos e pequenas, crearon pancartas con mensaxes
claras e contundentes para reivindicar a importancia de coidar o noso planeta.
A través das actividades, os nenos e nenas tomaron conciencia da
importancia de protexer o noso planeta e adquiriron ferramentas para
convertirse en axentes de cambio.
E como di Greta Thunberg, incluso os máis pequenos/as poden facer
grandes cousas.
Xuntos podemos construir un futuro máis sostible!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario