Varias persoas usuarias e persoal do Centro de Día Atendo visitaron o noso cole para impartir unha charla sobre "Roboterapia con Nuka".
Explicaron que era un robot, as súas aplicacións na industria alimentaria, forzas de seguridade, rehabilitación e como
terapia.
Presentaron a Nuka, un robot xaponés que imita a unha cría de foca arpa e que reacciona con sons e movementos á interacción humana. O seu creador é Takanori Shibata.
Explicaron
o seu funcionamento e como hai que coidar a
Nuka.
Este proxecto “Nuka na escola” ten por
obxectivo cambiar a imaxe que teñen os nenos e nenas das persoas maiores.
Previamente, os cativos e cativas de 1º
de Primaria, fixeran un debuxo, “Que é para ti unha persoa maior?". Con todos
eles fixemos un libriño que entregamos a Teresa, Consejo e Tusa.
Chegado o momento todos e todas poideron tocar, acariciar e peinar a Nuka.
Cada neno e nena recibiu como agasallo
un debuxo para colorear e unha imaxe de Nuka.
Grazas a Teresa, Consejo, Tusa e Bea por
vir e facernos participes deste fermoso proxecto no que establecemos vínculos
emocionais!!!
Esta actividades esta enmarcada no
proxecto interxeracional que desenvolvemos co Centro de Día Atendo dentro do
programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario