Durante este mes de abril a biblioteca organiza
a campaña, VII Mercadiño Solidario de Libros usados, enmarcada no programa Biblioteca Escolar Solidaria.
Do 22 de abril ao 3 de maio, no vestíbulo do
centro, con fondos procedentes do expurgo da biblioteca co obxectivo de darlle unha segunda oportunidade a esos libros fomentando actitudes de responsabilidade e solidariedade cos máis necesitados.
Trocamos libros por alimentos:
o alumnado pode levar un libro a cambio de traer alimentos non perecedeiros
(fariña, azucre, pastas...).
O voluntariado será o encargado de organizar esta actividade nos recreos, de 11,30h a 12,00h.
Todos os alimentos recadados serán
doados ao Banco de
Alimentos de Vigo.
Grazas pola vosa colaboración!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario