No mes de marzo o Ciclo de Cine na Biblio centrouse na temática do Día da Muller.
O luns
18 de Marzo o alumnado de Edº Infantil e 1º Ciclo de Primaria puideron desfrutar de tres
curtas:
- “Un pequeno paso” de Bobby Pontillas sobre unha nena que soña con ser
astronauta.
- “Por sempre xamais” de Jordi García inspirada en Michéle
Mouton, a primeira muller en gañar unha carreira do Campionato do Mundo de
Rally.
- Por último, proxectamos o vídeoconto de Gema Otero
Gutiérrez e Juan Antonio Muñoz “Lalo, o príncipe rosa”.
O mércores 20 de marzo o alumnado de 2º e 3º Ciclo de Primaria, visionaron o documental de National Geographic “Mulleres”, sobre grandes profesionais que rompen os estereotipos tradicionais de xénero. Puideron escoitar e ver imaxes reais dos traballos de mulleres como a oceanógrafa gañadora do Príncipe de Asturias á Concordia, Sylvia Alice Earle ou a primatóloga e mensaxeira da Paz, Jane Goodall.
No hay comentarios:
Publicar un comentario