A banda deseñada en galego “Nerea. A invasión dos trastos”, de Pablo Prado e Miguel Rojo, foi a lectura nunha nova sesión dos Clubs de Lectura de 5º.
Tes mensaxes no móbil pendentes de
ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan
difícil do videoxogo de Súper Cario?... Que tal se miras o que está a acontecer
ao teu redor? A invasión dos trastos comezou!
Comentamos aspectos como o
exceso no uso das novas tecnoloxías e dos aparellos electrónicos e o enganche
ás pantallas.
Destacamos a parte
emocional e a relación interxeracional entre o avó e a súa neta nesta nova
aventura de Nerea.
Un libro que gustou moito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario