No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.
Celébrase cada 20 de
marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe
en Suecia no ano 1991 e, aos poucos fóronse engadindo outros países.
Festival Atlántica, Sete Falares e Colectivo Narración Oral Galega (NOGA) celebran xuntos esta data.
A narración oral é
unha arte escénica de pequeno formato que está presente en todas as programacións
de xeito diario en Galicia.
Nesta edición, o manifesto realizouno Paula Carballeira, escritora, actriz, dramaturga e unha das
pioneiras da narración oral.
No texto convídanos
a contar e a ser parte da historia, a ser inmortal… “se queres”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario