Co gallo do Día de Rosalía, os Clubs de Lectura de 5º, recibiron a visita de Pere Tobaruela para conversar sobre o seu libro “Formig4s. Misión Rosalía”.
Nunha conversa moi entretida e amena Pere falounos da importancia deste
data e da figura de Rosalía de Castro para a nosa lingua e a nosa cultura.
Explicounos que o que pretendía cando escribía era que os lectores e
lectoras disfrutaran coa lectura do libro e tamén se aprendemos algo millor, de
aí o enfoque didáctico desta colección.
Neste faladoiro o alumnado preguntou as súas dúbidas sobre os
personaxes, cando empezou a escribir, a relación entre narrativa e banda
deseñada, a cor das ilustracións, a elección de Rosalía e non a doutro
persoeiro...
Tamén nos descubriu que unha nova misión dos Formig4s xa está en marcha
relacionada co Samaín e que xa agardamos con expectación!!
Rematamos recitando todos xunt@s o poema “Adiós ríos, adiós fontes”.
Entregámoslle como agasallo unha camiseta do Seis porque Pere xa forma parte desta gran familia. Grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario