1 feb 2024

ENCONTRO LITERARIO CON ANTÍA YÁÑEZ

O 25 de xaneiro, o Club de Lectura de Adultas “Ás seis no Seis”, tivo un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. Conversamos ao redor do seu libro “Non penses nun elefante rosa”.

Ademais de achegarnos a súa novela, Antía contounos que como Aurora, a protagonista da historia, ten TOC, explicounos  o proceso polo que pasou ata descubrir que tiña este transtorno.

Nunha conversa moi amena, todas fomos aportando as nosas opinións e experiencias sobre saúde mental.

Un libro moi necesario para poder visibilizar e dar a coñecer o transtorno obsesivo compulsivo e tentar superar os estereotipos máis habituais e a necesidade de contar o que nos acontece e pedir axuda.

Rematamos este encontro coa sinatura dos libros e o agasallo dun elefante rosa de peluche. Grazas Antía por esta fermosa tarde na que compartimos conversa, café e doces caseiros!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario