Hoxe 30 de xaneiro, celebramos un acto colectivo para conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz.
Na
pista de baloncesto, con roupa branca, colocámonos formando círculos e, todos
xuntos, cantamos a canción “Fronteiras”,
de Guadi Galego. Fixemos xestos e o retrouso en lingua de signos acompañada
dunha coreografía.
Cada clase decorou unha pomba coa palabra PAZ en diferentes linguas coas que formamos un mural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario