Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administración autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, a través da Subdirección
Xeral de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas,
este 24 de outubro de 2023.
A edición deste ano, baixo o lema “Tecendo Comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construcción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns.
As bibliotecas escolares galegas
amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade
educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e
celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para
descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de
Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir
experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis
afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e
comprometida.
A biblioteca escolar, esa
biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira
biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que pon en contacto con ese
outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas
cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso
carón: as BIBLIOTECAS.
Este curso, o lema das bibliotecas
escolares “UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS”, quere poñer o foco
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario