8 may 2023

RETO ODS: MAIO

Neste mes, aproveitando que o 15 de maio celebramos o Día da Familia, centrarémonos na diversidade familiar e poremos o foco no respecto e a non discriminación.

Teñen protagonismo o Obxectivo ODS Nº10, que nos fala de garantir a igualdade de oportunidades e reducir a desigualdade de resultados, mesmo eliminando as leis, políticas e prácticas discriminatorias e promovendo as adecuadas a ese respecto, e tamén o Obxectivo ODS Nº 16, coa súa meta de garantir a adopción en todos os niveis de decisións inclusivas, participativas e representativas que respondan ás necesidades.

No reto deste mes imos formar un vecindario de familias diversas na entrada do cole. Collede unha caixa de zapatos, montade unha habitación cos integrantes dunha familia e traédea ao cole para poder facer a composición entre todas.

Non é preciso que sexa a vosa familia, podedes inspirarvos nos seguintes contos para elexir o modelo de familia que queredes representar:

Mi familia es de otro mundo

Familias

Por un puñado de botones

No hay comentarios:

Publicar un comentario