Deseñamos unha nova proposta para as
familias lectoras: un espazo, situado na entrada do centro, con libros de
temática diversa: pedagoxía, psicoloxía, crianzas, medio ambente, ecoloxía… que
podedes levar en préstamo.
Tres son o máximo de libros que podedes
coller en préstamo por un periodo de 15 días e renovación doutros 15 días máis.
Rexistraranse co nº de carné da biblioteca do alumnado.
O horario para recoller os libros será:
Os luns de 9,15h a 9,45h e os martes de 16,00h a 17,00h, xa que haberá unha
persoa do equipo de biblioteca para solventar calquer dúbida que teñades.
Agardámosvos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario