Na semana do 15 ao 24 de maio, as familias que contaron
foron:
María Luisa, avoa de Alba, 4º Edº Inf., contou
a historia duns animais que estaban a matinar “A que sabe a lúa” e querían
probar un anaquiño.
Ingrid, nai de Xiana, 6º Edº Inf. , “La casa de Tomasa” é pequena e cómoda para ela e o seu gato pero ao convidar a
tanta xente cada vez queda menos.
Bárbara, nai de Nara, 2º de primaria, un conto cheo de sensibilidade no que o protagonista comprobará que non é doado ser sempre amable. “Me porto siempre bien (bueno, casi siempre)”.
Jose, pai de Noa, 6º Ed. Inf., o conto "E se me come unha balea?".
Faustino, pai de Denis, 6º Ed. Inf., un texto rimado "Aprender a leer en la escuela de monstruos. Emociones de colores".
Grazas por compartir con nós estas fermosas lecturas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario