O martes 30 de maio celebramos na biblioteca outra sesión de cine. Desta vez, os espectadores e espectadoras foron os máis pequenos da escola, o alumnado de Infantil.
Proxectáronse varios
episodios da serie “A tropa de trapo”, desta maneira acercamos aos cativos/cativas
ao mundo animal dunha maneira lúdica e colorida. Vimos como se transforma unha
eiruga en bolboreta, e tamén como podemos comprender os medos dos demais e
axudarlles a superalos.
Para entrar, nesta ocasión,
tiñan a súa entrada de cine que lle picamos e levaron de recordo.
Estiveron moi atentos amosando sen dúbida que os nosos pequenos e pequenas son
grandes espectadores e espectadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario