O XXIV Salón
Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, desenvolverase do 21
de abril ao 7 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O tema deste ano é LIBROS PARA XOGAR!, en homenaxe ao escritor e pedagogo italiano Gianni Rodari.
Cos libros, coas imaxes e coas palabras pódese xogar arreo!!
A intensa programación inclúe presentación de libros, contacontos, teatro, poesía, música, obradoiros, andainas, faladoiros, exposicións,...
O Salón rinde homenaxe a dúas persoas con especial significación no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, ao escritor Manuel Lourenzo
González e á ilustradora María Fe Quesada.
Este ano haberá máis de 300 actividades coas que demostrar
que ler é divertido e o xogo, como forma de representar o mundo, como punto
de partida para desenvolver a imaxinación e a fantasía é unha peza moi importante do desenvolvemento cognitivo.
Todo o Programa aquí.
Máis información en
No hay comentarios:
Publicar un comentario