Este ano nas aulas de 6º de Primaria, no marco do PDI do centro sobre "O futuro que queremos", decidimos crear o Museo do futuro e para iso aproveitamos todo o que aprendemos sobre historia e creamos un museo interactivo.
Cada cadro conta cun código QR que leva ao visitante a unha versión dixital na que os seus personaxes cobran vida e contan parte da súa historia. No seguinte enlace podedes acceder a cada un dos cadros interactivos.
Pero non nos quedamos aí, se non que en Arts preparamos unhas versións futuristas dos mesmos cadros. A continuación podedes facer un tour virtual polo noso museo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario