O martes 11 de abril, grazas ao programa “Lectura e Familias”, recibimos á xornalista e especialista en literatura infantil e xuvenil SONIA HERMIDA.
Tivemos
unha charla moi interesante na que nos ensinou diferentes propostas para á animación lectora e fomento da lectura dos nosos
fillos e fillas, a importancia da calidade dos materiais que merquemos, de libros
que nos fagan pensar, que den lugar a diferentes interpretacións,…libros para
todas as idades, moi atractivos, que despertaron a interese e a curiosidade de
todos os/as asistentes.
Falounos
da importancia da escolla e selección de lecturas para ir conformando as nosas bibliotecas
persoais e familiares con diferentes posibilidades de xéneros, narrativa, poesía, banda
deseñada… e de temáticas.
Ao
longo do seu discurso foi facendo referencia a moitos referentes da literatura
como Bruno Munari, Arnold Lobel,
Astrid Lindgren, Maurice Sendak,…dos contos clásicos,… da arte e dos
libros,…
Moitas
grazas ás familias que participastes e a Sonia por unha tarde chea de boa
literatura!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario