O tema do Día Internacional da Muller do 8 de marzo é “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero”, recoñece e homenaxea ás mulleres e ás nenas e as organizacións de mulleres e feministas que están loitando polo avance da tecnoloxía transformadora e polo acceso á educación dixital.
Explorará os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas.
Tamén porá de relevo a importancia de protexer os dereitos das mulleres e as
nenas nos espazos dixitais e de abordar a violencia de xénero en liña e a
facilitada polas novas tecnoloxías da comunicación.
Incorporar de forma
transformadora a perspectiva de xénero na innovación, a tecnoloxía e a
educación dixital axudaría a que as mulleres e as nenas tomen maior coñecemento
sobre o seus dereitos e a potenciar o exercicio destos e o seu activismo. Os
avances da tecnoloxía dixital ofrecen novas posibilidades para resolver os
retos humanitarios e de desenrolo para facer
realidada os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.
Nun momento no
que nos enfrontamos a múltiples crises globais, temos a posibilidade de crear
un futuro mellor, non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a
humanidade e toda a vida na Terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario