A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Para o 23 de febreiro, data do aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.
Para a edición de 2023 Carme Adán foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.
O lema escollido para este 2023 é:
#cumpriuseaxustiza
“Rosalía
ensínanos a mirar e a escoitar. É unha guía, por momentos unha amiga ou unha
camarada, que nos acompaña entre poemas, novelas e ensaios para superar a
banalidade ética do noso tempo. As súas palabras dan existencia a un mundo de
inxustizas e opresións contra as mulleres, os pobres, a lingua galega ou os
migrantes. O seu narrar é a escoita do noso mundo."
“Que
a man tembrosa no papel só escriba
palabras,
e palabras e palabras!”
"Dos
moitos legados de Rosalía de Castro, destacamos un, o da filósofa que sabe
libre o seu pensar e non cede ante as cadeas impostas. Rosalía ensinounos da
liberdade do pensamento que se afunde na realidade para interrogala por un
futuro mellor. Se só cantamos as pombas e as flores, as luces de cores dos
nosos autorretratos dixitais, de que teremos a alma?."
FONTE:AELG
No hay comentarios:
Publicar un comentario