Aínda que se traballa ao longo do curso, durante esta
semana realizamos varias actividades sobre a PAZ, que remataremos cun acto o
luns 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Exposición: "Lecturas para a Paz”
Expositores
cunha morea de libros sobre esta temática: amizade, sentimentos,
solidariedade, persoeiros que destacan pola súa labor pola Paz Mundial,……para
levar ás aulas e traballar con eles.
Convertindo así a biblioteca nun viveiro
de cidadanía, un lugar facilitador do diálogo e das reflexións para conquerir
un futuro máis xusto, igualitario e de Paz.
Obradoiros de Robótica
As clases de 1º, 4º e 5º de Primaria participaron
nestes obradoiros para crear o holograma dunha pomba e deseñar en 3D símbolos
da Paz.
En Educación Infantil, traballamos cos escornabots e ozobots, taboleiros con esta temática.
Contacontos
O voluntariado preparou lecturas para contar ao alumnado de 2º de Primaria. A través dos contos trasmitimos ás nosas crianzas valores de respecto, tolerancia e convivencia.