Unha das dinámicas bibliotecarias máis
asentadas e consolidadas cunha longa traxectoria no noso centro é o Club de
Lectura.
Que
é un Club de Lectura?
Son grupos de rapaces e rapazas que, de
maneira voluntaria, reúnense para compartir e intercambiar puntos de vista, opinións,
sentimentos e emocións en torno a unha
lectura coa mediación dun adulto.
-Permite desenvolver habilidades sociais e comunicativas mellorando a autoestima,
autonomía e iniciativa persoal.
-Fomenta
e consolida hábitos lectores.
-Facilita a socialización e
fortalece os lazos de amizade entre os membros do club basado na tolerancia, no
respecto aos demais e a empatía.
-O club de lectura como
espazo de encontro, inclusión e de convivencia impulsando a formación de cidadáns
responsables.
Organizamos tres Clubs de Lectura de 6º
de Primaria, un por cada aula. En total, participaron 25 alumnos e
alumnas.
Na primeira reunión faíselles entrega
dunha carpeta, unha guía do club indicando as lecturas previstas, o calendario
de reunións e un marcapáxinas.
Ao longo do curso reunímonos nos recreos e imos lendo
e compartindo as nosas experiencias lectoras.
Este curso participamos na convocatoria anual
de Clubs de Lectura da Consellería e permitiunos mercar novas coleccións.
Os títulos escollidos foron todos en galego, unha
maneira de vincular ao noso alumnado coa nosa lingua e literatura.
A través das reunións foron descubrindo
lecturas que, de seguro, deixaron pegadas nos nosos lectores e lectoras.
O 21 de abril, contamos coa presenza da
escritora LEDICIA COSTAS que compartiu con nós o seu tempo para falar do libro “A
Señorita Bubble”. Charla amena e divertida na que Ledicia contou anécdotas e
fixeronlle preguntas para ir desgranando a historia, como xurdiu, en que se inspirou,…
Quixemos
rematar as actividades do Club dun xeito especial e saír do noso espazo natural de
reunión, a biblioteca, así que, o 1 de xuño, collemos o autobús destino Padrón e
alí agardávanos Nuria, excompañeira e mestra de Relixión, a nosa guía, que nos levou polas rúas facendo o Roteiro
Rosaliano.
Paseamos
polos distinos lugares, casas, xardíns que percorrera Rosalía:
-Visita
a Casa-Museo Rosalía.
-Xardín
Botánico.
-Paseo
do Espolón, para ver o Monumento a Rosalía de Castro.
-Casa
da Rúa do Sol, a casa na que Rosalía pasou a súa infancia, dende os 4 ata os 10
anos,...
Acompañamos o noso percorrido cun recitado dalgúns dos poemas da nosa ilustre poetisa.
Foi
unha xornada maravillosa na que aprendemos e disfrutamos xuntos!!!
A entrega
de diplomas puxo o punto e final ás actividades do Club de Lectura. Grazas!!!