Hoxe recibimos na nosa biblioteca ao escritor e contacontos IAGO LÓPEZ.
É autor do libro “Marosa e Mariña camiñan a Compostela”, que forma parte do itinerario lector deste curso para 1º de Primaria.
Iago, caracterizado para a ocasión como
un peregrino, contounos as aventuras da osa Marosa e da toupiña Mariña, as
únicas que podían arranxar a corda que suxeitaba o botafumeiro da Catedral de
Santiago e como emprenden o camiño a Compostela para axudar a que todo esté
listo para recibir as agardadas visitas.
Desfrutamos e pasamos unha sesión moi amena e divertida!!!
Tamén lle ensinamos o mural cos debuxos feitos entre todos e todas sobre esta historia, que nos fixo reflexionar sobre a importancia de coidar o entorno do Camiño (reciclaxe) e os seus valores.
Rematou este encontro asinando os libros.
Grazas Iago pola túa visita e agardámoste pronto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario