Recibimos a visita do escritor "EL HEMATOCRÍTICO", que compartiu co alumnado de 2º de Primaria unha sesión para falar dos seus libros “Alcaldesa Vermella”, “Vaia cabuxiño!” e “Rapunzel con piollos”, que forman parte do itinerario lector deste curso.
O
seu nome é Miguel, contounos que lle encanta escribir historias, que o primeiro
libro que publicou para os nenos e nenas foi “Feliz Feroz” un libro moi especial
para el, falounos dos personaxes do bosque dos contos,…
Foron moitas as preguntas e curiosidades que querían preguntarlle.
Unha conversa moi amena e entretida!!!
Rematou
asinando cada exemplar cunha dedicatoria persoal e no libro de visitas.
Grazas
pola visita!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario