O 30 de xaneiro conmemorase o Día Escolar da Non violencia e a Paz e, dende os Equipos de Biblioteca e Complementarias, propuxemos diversas actividades para esta semana e que rematarán co acto que celebraremos o luns 31 de xaneiro.
A letra e o vídeo da canción que imos cantar, ”Xa chegou o día da Paz” de Pablo Díaz podedes velo no blog de Música.
Exposición temática:"Lecturas para a Paz"
Selección de lecturas con historias que falan de convivencia, respeto, amizade, tolerancia, solidariedade, de valores,… que convidan ao diálogo e a reflexión.
Contacontos: o voluntariado preparou lecturas con esta temática para contar ao alumnado de 1º e 2º.
Obradoiro de Scratch: as clases de 5º e 6º participaron no obradoiro para crear o holograma dunha pomba.
Reto de xaneiro: as mensaxes secretas a descifrar eran dúas frases que pronunciaron Gandhi e Teresa de Calcuta.
Con estas actividades traballamos o Obxectivo nº16 dos ODS da Axenda 2030.
"Promover
sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o
acceso á xustiza para todos e construír a todos os niveis institucións eficaces
e inclusivas que rendan contas."
No hay comentarios:
Publicar un comentario