Hoxe celebramos o Día Mundial dos Océanos. O
obxectivo é recordar o papel dos océanos na nosa vida cotiá, as accións para
protexer o océano e utilizar os recursos mariños dunha maneira sostible.
Os
océanos, verdadeiros pulmóns do planeta, son unha fonte importante de alimentos
e mediciñas e unha parte esencial da biosfera .
Video sobre a importancia
dos océanos
O lema deste ano 2020 é
“Innovación para un océano sostible”.
Os residuos e o lixo, fundamentalmente
plásticos, que circulan polas superficies e que son arrastrados as súas
profundidades están a ocasionar un impacto sobre os ecosistemas mariños, a
fauna e sobre a nosa propia vida.
Sogama coa súa campaña “Rumbo a toda vela cara á sostibilidade dos océanos” fai unha reflexión e recolle datos sobre os
efectos da acción humana sobre eles.
(Preme na imaxe)
-Nos
últimos 40 anos, a cantidade de lixo mariño -só na capa superficial- aumentou
en máis dun 100%.
-O
plástico representa entre o 60 e 90% de
todos os refugallos mariños, coa particulariedade de que este material tarda
máis de 400 anos en descompoñerse no medio mariño.
-Calcúlase
que 13 millóns de toneladas de residuos plásticos acaban nos océanos cada ano, cifra
que equivale a verter no mar un camión de lixo cheo de plástico cada minuto. O
85% do lixo marítimo ten a súa orixe en terra.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
(Preme nas imaxes)
(Preme nas imaxes)
PLASTICUS MARITIMUS. Unha especie invasora
Escrito
por Ana Pégo e Isabel Minhós Martíns.
Ed. Kalandraka
Ed. Kalandraka
É unha fermosa guía de campo para concienciar sobre a contaminación
por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo
XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
Escrito por Rosa Aneiros, ilustrado por Andrés
Meixide, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. Ed. Xerais.
Unha aventura para
poder salvar os océanos, na que os personaxes emprenderán a dura tarefa de
atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
O LIBRO DOS OCÉANOS
Escrito por Esther Gonstalla. Catroventos
Editora.
Un retrato detallado que nos
permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e
os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se
converte nun recurso para a acción.
INVENTARIO ILUSTRADO DOS MARES
Escrito por Virginie Aladjidi. Ed. Kalandraka
Unha guía da rica biodiversidade
mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de
extinción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario