Máis
recursos para este tempo que temos que quedar na casa. (Preme nas imaxes)
XOGOS
TRADICIONAIS GALEGOS
Esta
páxina pon a disposición de todos e todas o catálogo de xogos tradicionais
galegos para poder xogar na casa durante estes días de confinamento. Xogos
tradicionais, xoguetes para construir, xoguetes con tapóns de cortiza,
papiroflexia,…
PANDEMIA
DE CONTOS
O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea na canle de Youtube Pandemia de contos onde podes
atopar diversas historias contadas por narradores e narradoras orais.
OS
BOLECHAS
Xoga
e aprende cos Bolechas.
OQUELEO
NA CASA
Con
diversas propostas e actividades para descargar.
PONTE…NAS ONDAS!
A Asociación Ponte…nas
Ondas! Achega na súa web un feixe de propostas didácticas, en galego e portugués, para as escolas.
SOGAMA-CADERNO VERDE
Sogama, a través da súa
plataforma educativa online “Caderno Verde”, tamén quere contribuír a que as semanas de
confinamento sexan máis levadeiras para os pequenos/as da casa e que estes teñan a
oportunidade de seguir interiorizando hábitos saudables e aprendan e gocen con
distintas actividades de reciclaxe.
EU QUEDO NA CASA
É un conto de Ramón D. Veiga que pretende axudar a entender como se senten os máis
pequenos/as ante este situación de confinamento e a necesidade de ficar na casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario