O Día da Ilustración celébrase
cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais
de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria
cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador ou ilustradora histórico galego.
O protagonista
deste ano é Cándido Fernández Mazas , artista
e escritor que, na súa curta vida, tivo unha producción prolífica que lle levou
a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións
pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de
monicreques.
Unha ocasión para
traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da
ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos
ao valor propio das imaxes máis aló dun complemento da escrita.
Tamén, unha
oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Xulia Pisón, autora do cartel deste ano do que
seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas,
mitolóxicas, astronómicas ...
O Día da Ilustración é
unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo en
colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
FONTE: Bibliotecas Escolares
No hay comentarios:
Publicar un comentario