Un
curso máis participamos na Campaña Impórtanos, promovida polo Concello de Vigo, que ten por obxectivo promover a reflexión e o compromiso de todas e todos na
consecución dun mundo máis xusto e sustentable.
O mércores 6 de novembro contamos
coa presenza de Bea Campos que fixo unha sesión con contos que deixaron pegada no alumnado de
educación infantil de cinco anos.
Os contos foron: Nadarín, Daniela Pirata e Cando o xeo se derrite.
Fixeronnos reflexionar sobre diversidade, convivencia, igualdade, coidado do planeta e
solidariedade.
Bea
rematou cantando “Cantarela dos nenos/nenas” de Xosé Neira Vilas.
“MOITA XENTE PEQUENA,
EN LUGARES PEQUENOS,
FACENDO COUSAS PEQUENAS,
PODEN CAMBIAR O MUNDO.”
Máis información sobre a Campaña na páxina
No hay comentarios:
Publicar un comentario