Samaín, palabra
gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na
antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1
de novembro, era o período máis importante do ano.
Era
a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse
nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar
este mundo e aos seus moradores: a maioría das veces para render contas
inacabadas.
Como todos os anos faremos unha exposición coas cabazas que fagan
na casa cos seus fillos e fillas. Hai que traelas o luns 28 e recollelas o mércores 30.
Convidamos
ás familias a visitar a Exposición de Samaín o martes 29 de outubro de 16:00h a 18:00h no vestíbulo do
centro.
Ofrecemos unha recompilación de Recursos para estas datas (premer nas imaxes):
Unidades Didácticas do Seminario Galán, con diversas
actividades de contos, comprensión lectora, materiais de plástica,...
Portal
das Palabras, sobre a orixe da palabra "Calacú"
Portal
da Lingua, con traballos sobre o samaín nos diferentes centros educativos
10
recursos para celebrar o Samaín- ALÍ
Libros, música e xogos
Para
cantar e bailar
Symbaloo Samaín
Recursos
de cursos anteriores aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario