6 may 2019

PERE TOBARUELA NO SEIS


Hoxe recibimos ao escritor, PERE TOBARUELA, autor de numerosísimas obras de xénero narrativo, ensaio e xuvenil.
A sesión iniciouse coa lectura dun texto por parte do alumnado de terceiro rememorando a súa vida e traxectoria que el acolleu de bo grao e emocionado. “Esta é a razón pola que me adico a escribir, en especial para nenos, son estos momentos os que me alientan a facelo”.
Nenos e nenas quixeron homenaxealo, cunha exposición de debuxos sobre o seu libro “Catro Pedras vellas”, e á súa persoa que Pere examinou facendo moitas preguntas sobre o punto de vista dos nenos e nenas que os realizaron, amosando moita interese e curiosidade.
Pere comezou a súa exposición dicindo que lle resultou curioso que a profesora de terceiro calificase “Catro Pedras vellas” como unha narración de aventuras na liña dos “Cinco” ou os “Goonies”, moi ochenteira. Dixo que eso resumía bastante ben o espírito da obra. 

A súa intención era escribir unha novela de nenos para nenos, na que eles fosen os suxeitos activos da aventura e non os suxeitos pacientes, nuns tempos nas que todo se coñece indo en coche e non explorando a pé, na que as aventuras aparecen reflexadas nas pantallas das televisión, tabletas e videoconsolas, e xa non se viven en primeira persoa.

Este libro é unha volta aos valores daquela época, a aventura á antigua usanza, narrada de forma sinxela pero que encerra unha gran complexidade, personaxes ben definidos e profundos cos que os rapaces e rapazas se poden identificar e imaxinar.
Continuou facendo unhas preguntas “Que é que máis vos gustou da obra?” “Que é o que menos vos gustou?”. Tal vez o de pedir a opinión do público ao que van dirixidas as súas obras é o segredo do seu éxito e un exemplo a seguir para o que teña en mente escribir.
Despois de aprender moito con el, de xeito ameno e interactivo e descubrir que xa ten entregada a súa última obra, un novo libro de “Formig4s”, que esperamos con expectación, despediuse non sen antes asinar os libros con paciencia e agarimo. Grazas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario