21 may 2019

CARTEIS E PROGRAMA MES DAS LETRAS


Na semana do 14 de maio iniciamos as actividades relacionadas coas Letras Galegas e a figura de Antón Fraguas que se desenvolverán ao longo deste mes.
Coñecemos o autor homenaxeado, Antón Fraguas, a través da exposición dos carteis que elaboramos para o concurso das Letras Galegas e que están expostos no vestíbulo do centro. Van acompañados dunha guía de actividades.
Todos os carteis comenzan coa melodía dun CANTAR DE CEGO. 
Na parte esquerda están impresos PICTOGRAMAS que se corresponden coas dúas estrofas de catro versos para o alumnado de necesidades de apoio específico educativo con dificultades cognitivas, de aprendizaxe da lectoescritura ou sen comunicación oral. Son pictogramas de Arasaac.
Hai un código QR coas actividades suxeridas para cada cartel.
Na parte dereita hai outro código QR para que as persoas cegas, dun xeito auditivo, poidan saber o que hai en cada cartel.
No rectángulo verde están as dúas estrofas en BRAILLE, para que o alumnado con dificultades de visión poida coñecer a vida e obra de Antón Fraguas a través dos dez carteis.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES
-Participación no CORRELINGUA, 14 de maio.
-Actuación do grupo OVIRAVAI, 15 de maio.
-OBRADOIROS: carpinteiro, cesteiro, oleira, fiadeira, palilleiras.
-Visita de Rosalía e Antón Fraguas, 22 de maio.
-Charla exposición sobre o TRAXE GALEGO.
-EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA, cos materiais aportados polas familias.

-LECTURAS COMPARTIDAS, co Cep Celso Emilio, 24 de maio.
-VI QUEDADA LITERARIA, con outros centros de Vigo, 27 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario