8 abr 2019

ANTÓN CORTIZAS NO SEIS


O martes 2 de abril recibimos a visita do escritor ANTÓN CORTIZAS. Non é a primeira vez que nos visita e estamos seguros que non será a derradeira, xa que é autor de libros estupendos, entre outros , de “VAIA TROPA!” un libro cheo de divertidos e máxicos poemas, que gozou o alumnado de 4º.
Antón, en primeiro lugar respondeu moi amablemente e con moito inxenio a un mónton de preguntas é dúbidas que tiñamos sobre o libro, as súas intrépidas personaxes, os seus debuxos e esas formas tan orixinais de escribir os poemas. Pero nós tamén tivemos inxenio pedíndolle que nos asinara os nosos libros cunha pequena e rítmica canción que lle cantaron Uxía e Alba. Antón quedou abraiado!!
Aquí non rematou a cousa, tamén nos trouxo uns xogos para montar a través da técnica de papiroflexia, “O bico do galo” e un chifre, que nos aínda temos que practicar para conseguir que nos soe tan ben coma a el.
Tamén agasallámoslle cun pequeno libro feito por nós “A nosa tropa”, un libro repleto de poesías coas nosas tolas personaxes e unha chapa e un boli do noso colexio para que siga escribindo así de ben e divertido.

E como non, despois asinounos todo os libros con moito agarimo.
Antón, moitas grazas polo bo rato que pasamos xuntos, agardamos volver verte moi pronto!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario