Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde
a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o
díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019.
A poeta, narradora, profesora e
académica Marilar
Aleixandre, foi quen cedeu un poema para esta pequena peza
de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un
texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como
revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e
nunca conformarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario