27 dic 2017

FELICITACIÓN DE NADAL


A COMUNIDADE EDUCATIVA DO
 CEIP SEIS DO NADAL DESÉXALLES
 UNHAS FESTAS MOI EMOCIONANTES E CREATIVAS. 
FELIZ ANO 2018!!!!

18 dic 2017

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

Esta é a nosa Guía de Lecturas para este Nadal.


Unha lista de libros que podedes pedir aos Reis Magos, Papa Noel ou ao Apalpador e compartir en familia momentos máxicos en torno á lectura.

Bo Nadal e Felices Lecturas!!!

6 nov 2017

RECURSOS PARA O MAGOSTO

O  venres 10 de novembro celebraremos o Magosto.
Faremos xogos con castañas, á corda, con zancos,....bailaremos, tiznarémosnos...

O xoves o alumnado terá que traer castañas (xa amoxetadas), leña e roupa cómoda.

Deixamos algúns recursos para traballar o tema

PORTAL DAS PALABRAS
( un repaso polo vocabulario relacionado co Magosto)
Recompilación da Biblioteca Víctor Sáenz
O RAP DO MAGOSTO

TRES CASTAÑAS POLO CHAN

A CASTAÑA CATARINA


A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA


E tamén unha selección de lecturas que están expostas na biblioteca


5 nov 2017

SAMAÍN NO SEIS

Aproveitando a chegada do Samaín traballamos unha das emocións básicas : O  Medo . Para elo contamos coa lenda da nosa tradición : A Santa Compaña.
Convertimos a Sala Rosalía nunha sala do medo e do terrorrrrrr!!!! Ambientada , decorada , con sons , recreando un espazo terrorífico!!!
A escuras e coas caveiras iluminadas con velas, o alumnado, acompañado pola Santa Compaña, fixo un percorrido pola sala.

As caveiras de samaín  reflexaban moito medooooo!!!!!

30 oct 2017

SEMANA DO MEDO

Programa de actividades para a semana de Samaín
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Chegou o tempo de buscar a túa cabaza e convertela nunha caveira que meta moito medo e arte.
Un curso máis solicitamos a vosa colaboración e coas cabazas que decoredes cos  vosos  fillos e fillas montaremos unha exposición.

Teremos que traelas o luns 30 de outubro e recolleranas o xoves 2 de novembro para levalas a súa casa.
LECTURAS DE MEDO
Este ano traballamos unha emoción básica: O Medo. Para eso contaremos coa lenda da nosa tradición : A Santa Compaña.
Fixemos unha selección de lecturas sobre esta temática, e xa están en exposición na biblioteca e no vestíbulo para que neste samaín pasedes moito medo...lendo!!!!! 
CONTACONTOS
Nos recreos do 30  de outubro e 2 de novembro , alumnado voluntario de 5º contará  historias que nos  farán tremer de medo!!!!!
" Carabuñas" e  "A Bruxa regañadentes" serán os primeiros  contos  cos que inauguramos un novo recanto de lectura informal.

29 oct 2017

RECURSOS PARA O SAMAÍN

Na seguinte  ligazón  atoparedes unha recompilación con moitos  recursos para traballar o tema.
(Preme na imaxe)
Os bolechas e o Samaín
Canción con  pictogramas Samaín  de Mamá Cabra

26 oct 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 celebramos o Día da Biblioteca aínda que a nosa abriu as súas portas a principios de outubro e xa puxemos en marcha moitas actividades: alumnado voluntario de 5º e 6º como colaboradores nos recreos, formación de usuarios/as, hora de ler, contacontos,....
Para conmemorar esta data organizamos o horario e as distintas clases pasaron pola biblioteca o 24 e 25 de outubro para desenvolver varias actividades:

-Ver a exposición de novidades.
-Comp"Arte" un conto :  lectura dun dos catro contos seleccionados sobre a temática do proxecto anual.
-Recolleron as mochilas viaxeiras que iniciarán a súa andaina esta semana agardando o seu disfrute por parte das familias.
-Entrega dos carnets e das  bolsas viaxeiras  ao alumnado de educación infantil de tres anos.

-Exposición de libros sobre o proxecto deste curso "EmocionArte".

23 oct 2017

CARTEL E PREGÓN DÍA DA BIBLIOTECA

Dende 1997, e cada 24 de outubro celebramos o
DÍA DA BIBLIOTECA 

A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte  co obxectivo  de concienciar á sociedade da importancia  da lectura e  da biblioteca como lugar de encontro de lectores de todas as idades e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana e tamén como homenaxe e recoñecemento á labor dos bibliotecarios/as.
Cada ano encárgaselle a un escritor/a  e ilustrador/a a redacción do pregón e o diseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas. Este ano o cartel foi diseñado por Manuel Marsol e o pregón por Alejandro Palomas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2016 .
(Preme na imaxe e accede ao pregón)

22 oct 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.
O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado de realizar a interpretación gráfica do lema anual.

O lema elixido convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa. 

Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións.

Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas.

Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo.

Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio.

A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 

4 jun 2017

LECTURAS COMPARTIDAS NA BOUZA

Para celebrar o mes das nosas letras, o martes 23 de maio, o alumnado de cuarto do Cep Celso Emilio Ferreiro e o alumnado de infantil de tres anos do  Ceip do Seis do Nadal, fixemos unha actividade de lectura compartida no parque da Bouza.
Eles contáronnos un conto de Carlos Casares, autor homenaxeado polas Letras Galegas, A formiga esquiadora, e nós fixemos unha adaptación do conto A Galiña Azul.
Despois os maiores apadriñaron aos máis pequenos léndolles un libro en galego.
Ademais de pasar un rato moi agradable poidemos desfrutar dun tempo de merenda e xogos ao aire libre. Pasámolo moi ben!!!

Rematamos esta bonita xornada lectora agasallándonos  uns  marcapáxinas!!!

28 may 2017

ANIMACIÓN Á LECTURA

O alumnado de infantil de catro anos puido desfrutar dunha actividade de animación á lectura coa contacontos Nati Natillas (Nati Borrajo).
Contoulles a historia de Pingui, unha pinga que  vive moitas aventuras basada no libro "Aventuras de una gota de agua"da colección Contos para Sentir da editorial SM.
Benxamín  Míguez compartiu co alumnado de 5º e 6º unha animación sobre dous libros que leron este curso: "Lúa do Senegal" de Agustín Fernández Paz e "Unha viaxe inesperada" de LLuís Llort, da editorial Xerais.

Grazas pola visita!!!

26 may 2017

CARLOS CASARES

O próximo 3 de xuño a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o Paseo Literario Carlos Casares.
A Fundación Carlos Casares organiza na Casa Galega da Cultura a exposición didáctica "O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares", que remata este domingo 28 de maio.
Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia.

Recolle máis de 100 edicións do libro de Saint-Exupéry, en máis de 60 idiomas e dialectos do mundo

Conta tamén con catro paneis centrados na biografía do autor, nunha descrición e análise da novela, da experiencia vital de Carlos Casares e da súa obra infantil.

25 may 2017

RECICLA CON DINOSETO

A semana pasada tivemos unha visita moi especial: Dinoseto e Dinosetiño que nos ensinaron a correcta separación dos distintos residuos e materiais para a conservación  e protección do medio ambente  e a colaboración no coidado da nosa cidade.
O alumnado de primeiro e segundo puido desfrutar desta actividade organizada polo Concello de Vigo e aprender o rap da reciclaxe.

23 may 2017

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O 11 de Maio recibimos a visita do escritor 
O alumnado de 5º estivo lendo e traballando o seu libro "Quen dá a quenda?".

Contounos un montón de cousas  e respostou ás preguntas que tiñan preparadas e ensináronlle os traballos feitos cos distintos relatos do libro.
Rematou a visita asinando nos distintos exemplares. Grazas Héctor!!!

22 may 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Na Semana das Letras Galegas, estivemos realizando diversas actividades sobre o autor homenaxeado Carlos Casares.
Para achegarnos a súa vida e obra proporcionamos diversos recursos para que o profesorado poidera traballalo nas aulas.
Confeccionamos un díptico sobre o autor que se entregou ás familias.
Fixemos murais, debuxos dos seus contos, caricaturas, actividades en liña,....
Exposición e lectura dos libros de Carlos Casares.
Actividades diversas sobre "A galiña azul": debuxos, manualidade,... e un quebracabezas (cada aula decorou  a súa peza con materiais plásticos distintos ).


Lemos os carteis do Ceip Plurilingüe Anxo da Garda que estan expostos polos corredores do cole.