Para celebrar o mes das nosas letras, o martes 23
de maio, o alumnado de cuarto do Cep Celso Emilio
Ferreiro e o alumnado de infantil de tres
anos do Ceip do Seis do Nadal, fixemos unha
actividade de lectura compartida no parque da Bouza.
Eles contáronnos un conto de Carlos Casares, autor homenaxeado polas Letras Galegas, A
formiga esquiadora, e nós fixemos unha adaptación do conto A Galiña Azul.
Despois os maiores apadriñaron aos máis pequenos léndolles un libro en galego.
Ademais
de pasar un rato moi agradable poidemos desfrutar dun tempo de merenda e xogos
ao aire libre. Pasámolo moi ben!!!
Rematamos esta bonita xornada lectora agasallándonos uns marcapáxinas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario