29 mar 2017
27 mar 2017
IAGO LÓPEZ VISITA O SEIS
O martes 21 contamos
con Iago López , contacontos e autor do libro "O Cociñeiro Martiño".
Iago, transformouse no cociñeiro Martiño, o protagonista do seu libro, para facer disfrutar ao alumnado de 1º e 2º.
Nunca cinco ingredientes e a elaboración dun biscoito deron tanto de si.
"No palacio real andan
buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar
e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e
condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes
debe conseguir os ingredientes que precisa".
Para elo contou coa
axuda e a colaboración dos nenos e nenas que se convertiron nos personaxes da historia.
Grazas pola túa
visita!!
26 mar 2017
PRIMAVERA DAS LETRAS
A
Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web
Primavera das Letras, unha iniciativa
coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de
recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas
de cada ano. Co propósito de que todos os potenciais usuarios e usuarias poidan
coñecer esta ferramenta.
Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o
seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano.
Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor
desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito,
desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e
contidos interactivos.
A
web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido
biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes
meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.
Fonte:RAG
12 mar 2017
XVIII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Dende o 10 de marzo ata o 2 de abril desenvólvese,
no Pazo de Cultura de Pontevedra, o XVIII
Salón do Libro Infantil e Xuvenil, este
ano baixo o lema "O mundo que queremos".
O lema, lonxe de ser unha utopía,
pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para
construir ese mundo mellor. Englobando temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a
inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en
todos os seus ámbitos etc.
Son diversas as actividades abertas
a todos os públicos: contos, espectáculos, teatro,....
HORARIO
De luns a venres: De 17:00 a 20:00 h.
Os sábados, domingos e festivos: De 11:00 a
14:00 e de 17:00 a 20:00 h
Todo o programa, aquí.