O pasado xoves 31 de marzo e venres 1 de abril tivemos a visita, un
ano máis, de Amalia Pérez Otero.
Esta vez Amalia preparounos un obradoiro de Kamishibai para o
alumnado de 5º e 6º de primaria e algún curso de 4º.
Comezou explicándonos cómo este curioso Kamishibai ou “Teatriño de
Papel” fixo cambiar a vida dun piloto na guerra en Xapón quen decidiu abandoar
o exército e adicarse a facer felices aos nenos e nenas que nese momento
estaban a vivir esas terribles situacións de guerra ofrecéndolles un momento de
paz, de maxia, de conto…
Para o seu contacontos, Amalia trouxo os Kamishibais “ O Gato Sol ” e
o “ Paxaro Puhui ” que contou coa axuda das voces e con outros instrumentos que
complementaron as láminas.
Logo pasamos ao momento creativo: conformamos grupos de catro
persoas, seis láminas, un sentimento e unhas cantas fotocopias de debuxos.
Todos estes ingredientes máis as grandes ideas tiveron como resultado uns
contos para seren contados co Kamishibai. Deste xeito, pasamos de ser público a
ser protagonistas convertíndonos en Gaitos Kamishibaias dos nosas propias
produccións. Moitas grazas Amalia!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario