Nunha fermosa mañá na que luciu o sol, chegou o
esperado venres de Entroido e o cole encheuse de:
Viaxeir@s que
parten da estación do Seis en tren, barco ou en avión, turistas con cámara en
man preparados e atendendo ás guías de Viaxes Tour 6, chulapos e chulapas do
Madrid castizo, mochileir@s, explorador@s desexosos de coñecer
lugares, mochilas e Wallys na procura de aventuras.
Educación Infantil 3 anos: Tren
Educación Infantil 4 anos: Barcos
Educación Infantil 5 anos:Pilotos e azafatas de avión
1º: Turistas
2º:Chulapas e chulapos
3º:Mochileir@s
4º:Explorador@s
5º:Mochilas
6º:Wally
Xa disfrazad@s baixamos ao pavillón e ao son da música
iniciamos o noso desfile acompañado de coreografías e bailes.
E coma sempre o pasarrúas polo barrio é un
espectáculo.
De regreso ao cole, lectura do Testamento do Meco e indulto
xa que o vindeiro curso seguiremos viaxando.
E
para rematar a festa, degustación de doces típicos deste
época (orellas, filloas,...).
Grazas a toda a Comunidade Educativa que fan posible este Entroido.
Agardamos que disfrutarades tanto coma nós!!!!.Reportaxe dese día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario