27 feb 2016

POSTAIS NO DÍA DE ROSALÍA

Todo o centro participou na proposta da AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) para conmemorar o Día de Rosalía  ilustrando unha postal cun debuxo sobre unha estrofa de Alborada (Cantares Gallegos) que o alumnado entregou as súas familias como agasallo rosaliano o día 24 de febreiro.









 Unha presentación das postais e do proceso


22 feb 2016

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

As propostas sobre as que estamos traballando  para conmemorar o Día de Rosalía  son:

Exposición de libros na biblioteca
Recitado  do  poema "Adios ríos, adios fontes" na  Hora de ler o día 24 por parte do alumnado axudante de biblioteca e o club de lectura.

Entrega dun folleto informativo para as familias sobre a súa vida e obra
Pescudamos sobre Rosalía Investigo na miña biblioteca:
"Eu quero saber máis sobre....."
Seguindo a proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega AELG, escribimos e decoramos unha postal cun verso e un debuxo alusivo  a Rosalía que o alumnado entregará a súa familia como agasallo o día 24.
Ese mesmo día, os alumn@s que fagan empréstito de libros en galego serán agasallados  cun  marcapáxinas.
Pin co rostro da poetisa
Mural cos retratos de Rosalía ao estilo Andy Warhol feitos polos nenos  e nenas de educación infantil.

16 feb 2016

24 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALÍA

O  24 de Febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Esta data  está fixada no Calendario do Libro e da Lectura como  aniversario do nacemento da nosa ilustre poetisa.
AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), ademais de animar a agasallar un libro  en galego e unha flor  convida a celebrar esta data nos centros de ensino con accións colectivas para difundir a súa obra . Propón a elaboración e envio dunha postal cun deseño alusivo ao día e cun verso para que o alumnado realice un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.
Para coñecer  a súa vida e obra  deixamos unha recompilación de recursos e materiais para así achegarnos máis a ela.
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro
Recompilación da Biblioteca "Outeiro de Matilda"
Lim do Ceip "Alexandre Bóveda"
Lim basado no libro "Rosalía" editado 
pola Fundación Rosalía de Castro
Lim sobre o poema  "Parece unha rosa"
Presentación en prezzi do Ceip de Andrade
Fundación Barrié
Recompilación de poemas musicados  Son  de  poetas

10 feb 2016

UN ENTROIDO VIAXEIRO

Nunha fermosa mañá na que luciu o sol, chegou o esperado venres de  Entroido e o cole  encheuse de: 
 Viaxeir@s  que parten da estación do Seis en tren, barco ou en avión, turistas con cámara en man preparados e atendendo ás guías de Viaxes Tour 6, chulapos e chulapas do Madrid castizo, mochileir@s, explorador@s  desexosos de coñecer lugares, mochilas e Wallys na procura de aventuras.
 Educación Infantil 3 anos: Tren
Educación Infantil 4 anos: Barcos 
Educación Infantil 5 anos:Pilotos e azafatas de avión
1º: Turistas
2º:Chulapas e chulapos 
3º:Mochileir@s
4º:Explorador@s
5º:Mochilas
6º:Wally
Xa disfrazad@s baixamos ao pavillón e ao son da música iniciamos o noso desfile acompañado de  coreografías e bailes.
E coma sempre o pasarrúas polo barrio é un espectáculo.
De regreso ao cole, lectura do Testamento do Meco e indulto xa que o vindeiro curso seguiremos viaxando.
E para rematar a festa, degustación de doces típicos deste época (orellas, filloas,...).
Grazas a toda a  Comunidade Educativa que fan posible este Entroido.
Agardamos que disfrutarades tanto coma nós!!!!.Reportaxe dese día.

9 feb 2016

OBRADOIRO DE COCIÑA DE ENTROIDO

Como xa é costume no Seis, na semana de Entroido, organizamos un Obradoiro de Cociña con productos típicos destas datas.
Nesta ocasión foi o lacón obxecto de degustación.
Coral, Viri e Mª Luz foron as mestras e cociñeiras que prepararon esta receita:
Tosta de lacón ao aroma de pemento emulsionado en aceite de oliva, é dicir,....tosta de lacón á feira.
Contaron coa colaboración de dúas alumnas e un alumno de sexto que foron os encargad@s de explicar os ingredientes e o proceso de elaboración aos distintos grupos que foron pasando polo vestíbulo do cole.
Cada clase levou a súa bandexa  para a aula e alí degustaron as tostas.
Moitas grazas!!! Estaban boísimassss!!!!!!!!!

8 feb 2016

RESUMO DOS MANDADIÑOS DO MECO

Dende o luns estivemos seguindo os Mandadiños  do  Meco polo que a semana de Entroido foi moi divertida. Cada día tivemos que traer algo: unhas lentes, engalanar a cabeza e o pescozo e para rematar un pixama e o seu osiño.


1 feb 2016

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Xa chegou  o Entroido  ao Seis  e con el a festa , a diversión e a troula!!!!
Nas seguintes ligazons atoparedes información e recursos sobre o tema para  traballar nas aulas.

Coordinadora Galega dos equipos de normalización e dinamización lingüística.
Recompilación da Biblioteca "O Recanto de Mik"
Recompilación da Biblioteca "Outeiro de Matilda"
Recompilación da  Aula-Tic Ferrol 
Información sobre a figura do entroido vigués
O Merdeiro
Lim de Julia  González  do Ceip Mestres Goldar sobre o Entroido Tradicional Galego
Información sobre o Entroido Galego polo CRA de Bergondo