A principios de xuño, o Club de Lectura recibía a Ledicia Costas, autora de “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Premio Merlín de literatura infantil 2014), o último
libro que leran e que lles encantou.
Tiñámoslle unha sorpresa, os alumnos/as trouxeron diversos
postres (piruletas, biscoito, brownie, madalenas, flan de chocolate,…) que
prepararan na casa coas receitas que aparecen no seu libro.
Ledicia, nunha charla moi amena, foinos contando moitas
cousas sobre o argumento, as personaxes, en que se inspirou,…e anécdotas,
respostando a todas as preguntas que lle fixemos.
Asinoulle a cada un na súa libreta e co seu selo nun exemplar
para a biblioteca e no libro de lembranzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario