Invitamos ás familias a ser contacontos por un día e
participar na actividade de animación á lectura “As familias contan” celebrando
con nós os meses de abril e maio, mes dos libros e das letras, con lecturas na
biblioteca nos recreos.
A resposta das familias foi moi boa e dende aquí queremos
darvos as grazas pola vosa colaboración e implicación en todo o que plantexamos
dende a biblioteca.
Despois de anotarse,segundo as posibilidades de cada
un,fixemos un calendario e unha reunión na que explicamos a actividade e
seleccionamos posibles lecturas .
As lecturas escollidas son diversas,de animais, matemáticas,alimentación sá,clásicos,…..e diversas postas en escea:con presentación en ordenador,empregando
marionetas, con debuxos,……
Entusiasmo,ilusión,son os ingredientes presentes nesos
momentos máxicos.
Ao remate entregámoslles un diploma. Grazas!!!!!!!!!!!!
Deixamos as imaxes dos primeiros contacontos que completaremos cos que quedan deste mes de maio noutra entrada posterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario