Así o presentan na súa páxina.
"O Premio Fernández del Riego á
colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares
de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo
obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de
primaria e secundaria. Douscentos vinte e oito centros galegos contan con CLUB
DE LECTURA e nun 25% destes centros tamén funcionan grupos de lectura de
adultos. Segundo a Asesoría de Bibliotecas Escolares, os responsables desas
bibliotecas e os coordinadores manteñen unha xuntanza anual, os Encontros do
Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares, e o mesmo acontece cos
coordinadores dos clubs de lectura na Xornada de Clubs de Lectura".
E así aparece no portal educativo.
Recibir este premio, co nome de
Fernández del Riego, o gran bibliógrafo, bibliotecario da Fundación Penzol, é
unha gran honra para as bibliotecas escolares, unha delas -a do CIFP Manuel
Antonio- leva o seu nome.
Parabéns para todas!
Asesoría de Bibliotecas Escolares para Rede lectura
No hay comentarios:
Publicar un comentario