31 mar 2015

TRABALLOS DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA

O mes de marzo estivo cheo de celebracións,
día da muller ,semana da prensa, poesía,...
Recollemos unha escolma das actividades que realizamos.
DÍA DA MULLER
Exposición de lecturas
Ficha de investigación  sobre o 8 de marzo :
"Eu quero saber máis sobre...."
Investigación sobre varias mulleres galegas
Traballos sobre Rosalía de Castro.
En educación infantil: mulleres importantes da súa vida.

 
SEMANA DA PRENSA
Durante a semana do 9 ao 13 de marzo estivemos traballando  a prensa.
Na  biblioteca tivemos  prensa de ámbito local,nacional e deportiva para que cada clase na súa hora  poidera traballar sobre o tema.
Entre as actividades :
Fichas de investigación sobre os xornais
Seccións,titulares,....
Lectura matemática dun periódico
 O alumnado de sexto aplicou os coñecementos que tiña de matemáticas á prensa.
Números e medida:nº enteros,nº naturais,nº fraccionarios,estimacións,táboa cos seguintes datos:nº de paxinas que non teñen ningún anuncio,nº de páxinas completamente ocupadas por anuncios,nº de páxinas onde se mezclan anuncios e informacións.
 
Representacións gráficas:táboas,gráficas,diagramas,...
Xeometría:rectas,superficies,planos,escalas,mapas,...
A muller na prensa
O alumnado de sexto fixo una selección de noticias da prensa sobre o Día da Muller,8 de marzo,e con elas montaron un periódico.


 

22 mar 2015

GONZALO MOURE CO CLUB DE LECTURA

Gonzalo Moure compartiu un encontro cos membros do Club de Lectura para falar dun dos seus libros, Palabras de Caramelo.
E un luxo poder falar cunha persoa tan especial como Gonzalo e escoitar as súas  verbas e a súa sensibilidade que trasmite valores , sentimentos e corazón.
Como el di "A novela  é o laboratorio do home", xa que na realidade sempre podemos atopar  sucesos, feitos,...  que contar e que poden ser o inicio  dunha historia escrita.
Ao longo da sesión falamos sobre diversos aspecto do libro: personaxes, título, final do relato,...nos que a forza das palabras,o compromiso e as emocións estiveron moi presentes.
Palabras de Caramelo é un libro que deixou pegada en cada un de nós. Cunha linguaxe sinxela e poética, acheganos  ao Pobo Saharaui e os Campamentos de Refuxiados aos que  Gonzalo  viaxa varias veces e colabora coa Asociacion de Escritores polo Sahara a través do proxecto Bubisher.
Grazas Gonzalo!!!!

21 mar 2015

PACO NOGUEIRAS NO SEIS

O mércores 18 de marzo  contamos coa presenza de Paco Nogueiras, viu coa súa maleta cargada de contos e música.
Contounos varios contos Violín, Osos, Chivos chivóns, Quen é ese becho?,da editorial Kalandraka, acompañados de cancións do seu libro-cd Brinca vai!  e con instrumentos (acordeón e ukelele) e deixounos un cartel asinado como agasallo.
O alumnado de educación infantil pasouno  xenial  axudando a Paco con xestos, sons, cantando, ...Grazas!!!!

18 mar 2015

OLLOS DE AULA Nº 20 (MARZO-ABRIL)

O Nº 20 de "OLLOS DE AULA"
  aborda este mes:
Interesantes artigos sobre a mediación escolar,o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura, como detectar un transtorno de conduta alimentaria e recomendacións literarias, musicais e de ocio.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n20_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(PREME NA IMAXE)

16 mar 2015

PREMIO FERNÁNDEZ DEL RIEGO PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

As Bibliotecas Escolares de Galicia obteñen o premio Fernández del Riego, na edición deste ano.
 
Así o presentan na súa páxina.
 
"O Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de primaria e secundaria. Douscentos vinte e oito centros galegos contan con CLUB DE LECTURA e nun 25% destes centros tamén funcionan  grupos de lectura de adultos. Segundo a Asesoría de Bibliotecas Escolares, os responsables desas bibliotecas e os coordinadores manteñen unha xuntanza anual, os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares,  e o mesmo acontece cos coordinadores dos clubs de lectura na Xornada de Clubs de Lectura".
 
E así aparece no portal educativo.
 
Así, recolle a nova, Manuel Bragado, director de Xerais, na súa páxina Brétemas.
 
Recibir este premio, co nome de Fernández del Riego, o gran bibliógrafo, bibliotecario da Fundación Penzol, é unha gran honra para as bibliotecas escolares, unha delas -a do CIFP Manuel Antonio- leva o seu nome.
 
Parabéns para todas!
 
Asesoría de Bibliotecas Escolares para Rede lectura

15 mar 2015

VISITAS DE MARZO

O vindeiro martes 17 de marzo,
os membros do Club de Lectura,
terán un encontro con Gonzalo Moure,
 autor do libro "Palabras de Caramelo".
E o mércores 18 de marzo agardamos
 unha visita moi especial para Infantil,
Paco Nogueiras Nodar,
autor do libro-cd  "Brinca vai !".

8 mar 2015

SEMANA DA PRENSA

Do 9 ao 13 de marzo celebramos a
SEMANA DA PRENSA
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e actividades  para traballar o tema nas aulas.
BiBlogcañiza
 http://biblogcaniza.blogspot.com.es/p/semana-da-prensa-do-12-ao-15-de-marzo.html
Recompilación da Biblioteca
"Outeiro de Matilda" 
https://sites.google.com/site/traballamosaprensa/
Web de Norberto

Durante esta semana haberá na biblioteca exposición de prensa variada (local,rexional,deportiva,...).
No lateral dereito do blog  co título "KiosKo - prensa" tedes  un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.
Propoñemos investigar as matemáticas na prensa, gráficos, artigos, enquisas, deporte,....

5 mar 2015

8 DE MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O vindeiro 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller , e nós unímonos á celebración desta data.
 

Entre outras actividades a biblioteca proporciona unha Selección de lecturas  protagonizadas por mulleres que contan historias, viven aventuras e reivindican os seus dereitos  e que podedes atopar en exposición no lugar habitual.
Nas seguintes ligazóns atoparedes moitos recursos para traballar o tema nas aulas:
Album de Mulleres Galegas
http://www.culturagalega.org/album/
Biblioteca Víctor Sáenz
https://sites.google.com/site/recursosmullertraballadora/
Unidades didácticas infantil e Primaria STEG
http://www.steg.gal/muller/contidos.asp?cid=2&ssid=119

Unidade didáctica "Eu son coma ti" de "Os poemas do río"
http://ospoemasdorio.com/wp-content/uploads/eusoncomati_ud.pdf
ONU Mujeres
http://www.unwomen.org/es/news/in-focus/international-womens-day
Recompilación de recursos da biblioteca
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2014/03/recursos-dia-da-muller-traballadora_7.html

3 mar 2015

ANIMACIÓN Á LECTURA

O luns o  alumnado de e disfrutou dunha sesión de animación á lectura  da man de Nuria Martín, actriz e contacontos,que nos fixo pasar un rato moi divertido.
Tina, contounos historias e aventuras da cidade dos contos, acompañando o seu espectáculo de maxia, música e a participación dos nenos e nenas,na que a palabra e os libros son os protagonistas.Grazas!!! 

2 mar 2015

VISITA DE DAVID BRAÑA

O mércores 25 de febreiro recibimos a visita do guionista David Braña que compartiu co alumnado de unha sesión na que explicou coma elaborar un guión para facer un cómic.
David , xa estivera con nós noutra ocasión , é guionista, cun gran número de historietas en diversas publicacións e editoriais.Tamén escribiu o conto Yito y Grima e unha curtametraxe . Ao longo da súa traxectoria ten acadado diversos premios.
Grazas!!!