Do 27 de febreiro
ao 28 de marzo de 2015, no Pazo da Cultura de Pontevedra, podemos asistir ao XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil , cun
programa no que haberá contacontos, teatro, música, obradoiros e, sobre todo, moitas
actividades relacionadas coas materias da temática deste ano:
26 feb 2015
25 feb 2015
NO DÍA DE ROSALÍA
No Día de Rosalía recibimos a visita do director e dous profesores da Escola Municipal de
Danza que deron un concerto didáctico e presentaron instrumentos de percusión tradicional,tipos de gaitas e
danza e interpretaron determinadas pezas.
Remataron con Negra Sombra ao son da gaita.
Grazas!!!!
Na aula específica,seguindo a proposta da AELG baixo o lema
"Eu son Rosalía", preparamos esta pancarta con pictogramas de
Arasaac.
"Nós somos Rosalía porque
loitamos por conseguir os nosos soños"
e o poema
"Adiós ríos,adiós fontes".
e o poema
"Adiós ríos,adiós fontes".
24 feb 2015
VISITA DE SABELA GAGO
Onte o alumnado de 1º e 2º disfrutou dunha sesión de contacontos da man de Sabela Gago, que fixo a ledicia dos nenos e nenas nunha actividade moi dinámica, creativa e participativa con xestos, sons, interpretando, ... na que a imaxinación e os contos foron os protagonistas.
Grazas!!!
22 feb 2015
24 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O vindeiro 24 de Febreiro,celebramos o Día de Rosalía de Castro,aniversario do
nacemento da nosa ilustre poetisa.
A AELG(Asociación de escritoras e escritores en lingua galega),ademais
de animar a agasallar un libro en galego e unha flor propón
para ese día realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade
temática da obra rosaliana , de modo que cada persoa descubra con cal das
múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada baixo o lema "Eu son Rosalía"
Para
coñecer un pouco máis a nosa poetisa deixamos estes recursos
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro,
na que podemos atopar información sobre a súa vida,obras,....
Recompilación
da biblioteca "Outeiro de Matilda"
Unidade didáctica sobre Rosalía de "Os poemas do Río"
Lim basado no libro "Rosalía" editado pola Fundación Rosalía de Castro
Lim sobre o poema "Parece unha rosa"
Rosalía
Pequeniña
E para rematar este fermoso poema
Lugar
máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso
no mundo n' hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!
¡Galicia frorida!
Cal ela ningunha,
de froles cuberta,
cuberta de espumas...
20 feb 2015
21 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
Cada 21 de febreiro celébrase en todo o mundo
o Día Internacional da Lingua Materna .
Información nas seguintes ligazóns:
*Mensaxe de Irina Bokova,Directora Xeral da Unesco,co gallo desta celebración:
*Secretaría Xeral de Política Lingüística,información e recursos.
*No Portal das Palabras un artigo sobre paleofalantes e neofalantes.
18 feb 2015
UN ENTROIDO DE CÓMIC
O venres 13 de febreiro celebramos
a festa do Entroido e o Seis encheuse de personaxes de cómic :Pitufos, Mortadelo, Zipi e Zape, Lucky Luke,
Asterix e Obelix, Superheroes, Mafalda, Calvin e Hobbes,Hug e Rochiña, un
espectaculo cheo de colorido e imaxinación.
Edº Infantil 3 anos:Calvin e Hobbes
Edº Infantil 4 anos:Hug e Rochiña
Edº Infantil 5 anos:Asterix e Obelix
1º-Pitufos
2º-Superheroes
O tempo non acompañou e só puidemos saír
un momento e facer un pequeno percorrido polo barrio.
E para rematar a festa,degustación de doces típicos deste época (orellas, filloas, flores,...) e Baile!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Grazas ás familias pola constante colaboración!!!!!
Aquí tedes a reportaxe dese día
Grazas ás familias pola constante colaboración!!!!!
Aquí tedes a reportaxe dese día
16 feb 2015
RESUMO MANDADIÑOS DO MECO
A semana de entroido
foi moi divertida. Dende o luns estivemos seguindo os mandadiños
do Meco
que estaban na entrada do cole.Cada día tivemos que traer algo: un barco, engalanar a cabeza
e os pés, un
pixama e o seu osiño e rematamos coa cara pintada e antifaces
reciclados.
12 feb 2015
OBRADOIRO DE COCIÑA NO ENTROIDO
Nesta semana de
Entroido e,como ven sendo costume,organizamos un Obradoiro de Cociña.
Merce, Maite, Carmen,Carmen, Montse, Anxeles e Isabel
foron
as
mestras e cociñeiras que prepararon esta receita :
"Brocheta de lacón con chourizo
en cama de garavanzos ao aroma de grelos"!!!!!!!
O día anterior
entregámoslles as invitacións ao
evento.
Por grupos, foron baixando ao vestíbulo do cole,onde tiñamos todo organizado: explicaron os
ingredientes,a elaboración e por último
cada neno/nena puido degustar unha brocheta.
¡Que rico
estaba todo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!
MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!
9 feb 2015
SEMANA DO AMOR E DA AMIZADE
Coincidindo coa celebración de San Valentín a biblioteca adica esta semana o Amor e a Amizade.
Para elo,organizamos varias actividades:
-Selección e exposición de lecturas e historias de amor,amizade, bicos, cariño, tenrura, ....
-Concurso:"Cada ovella coa súa parella"
Atopa a parella de cada un dos personaxes de
cómic.
-Escribe unha mensaxe de amor,de
amizade,….. a alguén que ti queiras e métea na caixa en forma de corazón.O último día da semana entregarémolas aos seus destinatarios.
-Faremos un corazón de papiroflexia.
Pasade pola biblioteca e animádevos a participar!!!!!Agardámosvos!!!!
8 feb 2015
XOGA,APRENDE E RECICLA
Por segundo ano participamos no Programa Educativo Vigo
Recicla sobre reciclaxe, para ensinar ao alumnado de 2º,3º e 4º a necesidade de separar os distintos residuos
e materiais para a conservación e protección do medio ambente a través dun
videoxogo.
Despois dunha breve explicación por parte da monitora, cada alumno/a
xogou.
Tiñan que
levar os productos ata o contedor máis axeitado.Cantos máis acertos
consigan máis cerca estarán de convertirse en superheroes da reciclaxe xunto a
Recicliño e Recicliña.
Ao remate recibiron unha bolsa de reciclaxe con
agasallos.
6 feb 2015
MANDADIÑOS DO MECO
MANDADIÑOS DO MECO
para a semana
LUNS 9
Xa estamos no
Entroido
toca Banda Deseñada
trai un barco
onde queiras
Coia
revolucionada!!!!!!
MARTES 10
Engalana esa
cabeza
e non te esquezas
dos pés,
sombreiro,lazo ou
pamela
ou calzado do
revés.
MÉRCORES 11
Traballamos as
viñetas,
personaxes que
fan rir,
trae o mércores
o pixama
e o osiño de
durmir.
XOVES 12
A
víspera do gran día
tres cousas
podes facer
careta,cara
pintada
ou antifaz
reciclada.
VENRES 13
Xa estamos no
día grande,
faremos o
pasarrúas
vai ver o
barrio de Coia
as mellores
galas túas.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!